• Primeira xornada de Palleira.gal

    O pasado 10 de Xuño deuse o pistoletazo inicial ao proxecto palleira.gal, nesta primeira sesión contamos coa colaboración doutros proxectos  libres semellantes como son A Cultura da Auga e Abeancos e a Asociación local A Solaina.

    Alberto Permuy representando a Asociación de Software Libre o Zulo (Mugardos) contounos sobre as orixes do  proxecto A Cultura da Auga, as motivacións de realizalo con software libre e o detalle da solución implementada.

    Polo proxecto Abeancos contouse con dous representantes que foron Jorge Lama e Rafael Gaioso ambos membros da Asociación Melisa (Melide) que nos detallaron a súa problemática concreta a resolver da difusión na rede do patriminio da súa localidade. Afondaron nos motivos polos que empregaron  solucións libres e liberar información con licenzas libres. Tamén destacaron a creación dunha comunidade ao redor do proxecto tendo un peso importante os membros do museo de Melide. Continue reading

    Published by:
  • Obradoiro de edición de son nivel avanzado con Audacity

    O próximo día 1 de Xullo celebrabremos a segunda sesión do obradoiro de edición de son con Audacity. Nesta sesión repasaremos algúns conceptos da sesión anterior e ampliaremos novos co obxectivo que poidades editar calquera audio.

    Nesta sesión o horario será un xornada intensiva de mañan de 9:30 a 14:30 no Centro Social de Caramoniña de Santiago de Compostela. Sito na Travesía Escultor Asorey. Esta edición veremos as diferentes ferramentas para limpar o son, realizar axustes de rango dinámico, ecualización e exportación a diferentes formatos.

    O obradoiro é de balde previa inscripción e pode participar calquera persona maior de idade.

    Formulario de inscripción. 

    Continue reading

    Published by:
  • Comeza un novo proxecto

    O 10 de Xuño comezamos un novo proxecto da man de diversas asociacións locais de Poio e asociacións de software libre. 

    A xornada abordarmos proxectos de patrimonio e comunidades de software libre como son : Abeancos (Melide) é A Cultura da Auga (Mugardos) . Tendo en conta as experiencias previas doutros proxectos definiremos a nosa propia folla de ruta para lanzar o proxecto palleira.gal que afondará no patrimonio da vila de Combarro.

    Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

    Published by:
  • Concurso de Fotografía Libre

    En Galicia temos un patrimonio natural e cultural do que estarmos orgullosos e poder presumir na rede. Dende a Asociación Xeopesca queremos concienciar e fomentar a difusión de fotografías con licenzas libres para dar a coñecer  a nosa terra sen ningún tipo de cancelo.

    Nesta primeira edición do Concurso de Fotografía Libre buscamos fotografías coa temática da Cultura Mariñeira Galega, na que se incluen elementos de pesca, artiluxios navais, arquitectura, festas, gastronomía, espazos singulares e demáis asuntos  relacionados coa cultura mariñeira. Continue reading

    Published by:
  • Novas

    Resumo fotográfico do obradoiro de audio

    Deixamovos un pequeno resumo fotográfico da xornada na que aprendimos a editar o son con ferramentas libres, en concreto empregamos o Audacity e o VLC.

    Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

    Published by:
  • Xeopesca no Telegram

    Se queres estar enterado das últimas novas de Xeopesca no teu mobil a través de Telegram, agora xa podes. Para elo únicamente tes que entrar na seguinte ligazón t.me/xeopesca e engadir a canle de difusión de novas.

    Tamén mencionar que Telegram non é unha aplicación libre, porque únicamente está publicado o código fonte do cliente con licenzas libres (aplicación que instalamos no móbil, ordenador, tablet,…) e mentras a parte de servidor é privativa.

     

    Published by:
  • Asambela Ordinaria e Extraordinaria

    Asamblea Extraordinaria

    Estimad@ soci@s,
    A Asociación XeoPesca convoca a tódolos seus soci@s para a celebración da próxima Asamblea Extraordinaria.

    • Dia: Sábado 11 de Marzo de 2017
    • Hora: 16:15 – primeira convocatoria .
      16:30 – segunda convocatoria.
    • Lugar: Santiago de Compostela – CIAC: Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (PARQUE DE BELVIS)

    A orde do día será:

    1. Elección a Xunta Directiva da Asociación xeoPesca.
    2. Solicitar a declaración de utilidade pública da asociación.

    Continue reading

    Published by: