O próximo luns 28 de Abril fumos convidados a varias charlas sobre a liberación de proxectos e traballos. Os horarios son os seguintes:
- Vigo: As 12:00 na Escola Enxeñaría de Telecomunicación. +Info
- Santiago de Compostela : As 18:00 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. +Info
Relatores
- Rafael Rodríguez Gaioso é Coordinador da Oficina de Software Libre, integrada no Consorcio das universidades galegas, CIXUG. É membro fundador de MeLiSA, a asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide.
- Fará unha introdución dalgunha das licenzas máis usadas para liberar código, e cales son os motivos polos que un programador decide publicar o seu traballo cunha licenza libre. Presentará a edición 2014 do Premio ao mellor TFG con licenza libre.