O pasado 10 de Xuño deuse o pistoletazo inicial ao proxecto palleira.gal, nesta primeira sesión contamos coa colaboración doutros proxectos libres semellantes como son A Cultura da Auga e Abeancos e a Asociación local A Solaina.
Alberto Permuy representando a Asociación de Software Libre o Zulo (Mugardos) contounos sobre as orixes do proxecto A Cultura da Auga, as motivacións de realizalo con software libre e o detalle da solución implementada.
Polo proxecto Abeancos contouse con dous representantes que foron Jorge Lama e Rafael Gaioso ambos membros da Asociación Melisa (Melide) que nos detallaron a súa problemática concreta a resolver da difusión na rede do patriminio da súa localidade. Afondaron nos motivos polos que empregaron solucións libres e liberar información con licenzas libres. Tamén destacaron a creación dunha comunidade ao redor do proxecto tendo un peso importante os membros do museo de Melide. Continue reading