O sábado ás 12:30 tivo lugar na Escola do Campo de Combarro o acto de lanzamento do sitio web PALLEIRA.GAL, un proxecto da asociación XEOPESCA que contou co apoio da Xunta de Galicia no marco do Plan de acción do software libre 2017 da Axencia Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Á presentación asistiron unhas trinta persoas
Interviñeron na presentación Xosé Rial en representación de Xeopesca, Alberto Permuy en representación da asociación O Zulo de Mugardos, Xulio Barreiro, concelleiro de Patrimonio de Poio, e Eladio Otero, xefe de innovación tecnolóxica da Amtega. Continue reading