A Asociación Xeopesca realizou unha solicitude de información, demandando coñecer o contido exacto do convenio subscrito entre AMTEGA, Consellería de Educación e Microsoft. Xeopesca pide que o Goberno galego informe sobre o impacto que este acordo terá no sistema educativo galego e o cumprimento que a plataforma Office 365 de Microsoft fai dos estándares abertos e da necesaria protección de datos, máis aínda ten en conta que será usado por menores de idade.
Continue reading