A Xunta fomenta o software privativo no ensino

Comment

Novas
Sinatura do acordo entre as representantes do Goberno galego e a presidenta de Microsoft España © Xunta

A Asociación Xeopesca realizou unha solicitude de información, demandando coñecer o contido exacto do convenio subscrito entre AMTEGA, Consellería de Educación e Microsoft. Xeopesca pide que o Goberno galego informe sobre o impacto que este acordo terá no sistema educativo galego e o cumprimento que a plataforma Office 365 de Microsoft fai dos estándares abertos e da necesaria protección de datos, máis aínda ten en conta que será usado por menores de idade.


Tamén se solicita un estudo “da dependencia tecnolóxica que producen as solucións baseadas en Office365 e Microsoft”, os “tipos e duración” das licenzas nos que se ofrece o software no Office365. Pregúntase ademais polo custo económico que o acordo económico terá para a administración: tanto no aspecto formativo, de adaptación de procesos internos, coma de seguridade no CPD 


Máis información na nova de Praza Pública.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.