Obradoiro de iniciación a arduino

Comment

Novas

O sábado 30 de Setembro  ás 10:30 no  Centro Sociocultural de Caramoniña (Santiago de Compostela), realizaremos un obradoiro de Iniciación a Arduino.  Co seguinte temario:

  • Estructuras e operadores en Arduino.
  • E/S dixital.
  • E/S analóxica.
  • Exercicios prácticos.

Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas e hai que ser maior de idade.

Recordade traer no portatil instalado o IDE de Arduino (descarga).

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Dende xeoPesca agradecemos a colaboración do Recuncho-Maker   na execución desta actividade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *