O próximo sábado 20 de Maio no Centro Sociocultural de Caramoniña realizaremos un obradoiro de iniciación a edición de audio. O horario do curso será de 10:30 a 14:00 e logo de 15:30a 19:00. O obradoiro é de balde pero é preciso inscribirse.
Que é necesario para participar no obradoiro?
- Traer o teu portatil co seu cargador e uns cascos ou auriculares.
- Inscribirte no obradoiro no seguinte enderezo.
- Instalar a última versión de Audacity e VLC .
- Tamén podes traer calquera trebello que teñas de grabación de són, por se queres resolver dubidas ou compartir o teu coñecementos cos demáis.
Que aprenderás no obradoiro?
- Como realizar correctamente unha grabación con sofware libre.
- Como editar as grabacións con Audacity
- Conversión e importación entre os diferentes formatos de audio.
- Agregar efectos ao son.
Que prácticas realizaremos para fudamentar a aprendizaxe?
- Gravación con diferentes dispositivos en diferentes situacións acústicas
- Nivelación e ecualización dos equipos
- Prácticas de edición e montaxe dun programa con músicas e recursos sonoras
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.