xeoPesca » Blog Archives

Author Archives: admin

Éxito no HackLab de OpenRov

Novas

A xornada comezou as 8:30 para os membros da organización. Estivemos transportando o material e organizando as cousas no local que nos cedeu o Concello da Estrada.

As 10:30 comezaron a chegaron os primeiros participantes e consigo ferramentas para axudar na construcción do OpenRov. A montaxe a dividimos nas seguintes fases:

Continue reading

Published by:

HackLab de OpenRov

Novas

Dende xeoPesca prácenos presentar o HackLab de montaxe dun OpenRov, que arrancará o inscribite-ahora-OK1sábado 5  de Setembro ás 10:30  quedamos diante do Concello da Estrada, para posteriormente achegarnos ao local onde comenzaremos o HackLab.


Xa dende hai tempo se está a ver unha gran evolución no mundo do hardware libre, cunha maior presencia na sociedade. Froito desta evolución son os robots, impresoras 3d, consolas(uzebox),…..  e tamén o OpenRov.

OpenRov

Continue reading

Published by:

Crónica do mes de Agosto

Novas
Presentación en Combarro con Xosé Rial, Pablo Argibay e Pablo Belay

Presentación en Combarro.

Durante o mes de agosto realizamos diferentes presentacións da aplicación xeoPesca e das vantaxes que aporta o software libre nun sector estratéxico como a pesca.

Nesta xira achegamonos as vilas de Moaña, Bueu e Combarro (Poio), para elo contamos coa colaboración de: Asociación Cultura e Recreativa Sueste, Asociación os Galos e o Concello de Poio nas súas festas do mar.

O numero total de asistentes que se interesaron polo proxecto foi de máis de 50 persoas e contou coa colaboración voluntaria dos soci@s da da asociación. Continue reading

Published by:

Festas do mar en Combarro

Novas

O próximo sábado 22 de Agosto estaremos as 19:30 nas Festas do Mar de Combarro falando de xeoPesca.

cartaz_combarro

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
Published by:

Integración continua: Android, Ant, Git e Jenkins

Novas

O libroAndroid Application Testing Guide de Diego Torres Milano é unha excelente guía para achegarse ao mundo do “testing”, neste caso baixo a tecnoloxía Android.  Os seus primerios capítulos fálanos de como os “bugs”’ poden afectar seriamente aos nosos proxectos e de porqué, que, como e cando testear. Indicanos que tipo de tests existen e preséntanos un “framework” de testeo de Android. O libro o debemos seguir ao mesmo tempo que facemos lectura do código fonte. Nun principio aproxímanos aos test unitarios e aJunit a través dun pequeno proxecto, e fai mostra da execución dos test desde oIDE Eclipse, desde o emulador e desde a liña de comandos. Continue reading

Published by:

Resumo da Mapping party Poio ’15

Novas

O pasado sábado xeoPesca organizou a súa primeira Mapping Party no concello de Poio con moi boa aceptación. Reuniuse un grupo de vintedúas persoas de diferentes localidades galegas,de diversos rangos de idade e inquedanzas variadas co obxetivo común de aprender a mapear.

A xornada dividiuse en dúas partes principais: a saída de campo para a recollida de información e o volcado de datos. Diferentes membros  da asociación xeoPesca estiveron a cargo da parte teorica-técnica necesaria para levar a cabo a Mapping,cunha pequena exposición de contidos. Logo, a dinámica foi colaborativa e cun estilo de obradoiro, adaptandoo a información as preguntas dos asistentes.

A idea principal sempre foi ter unha xornada de aprendizaxe lúdico sobre a creación de mapas de información aberta. As ferramentas principais usadas foron Open Street Maps como soporte para os datos recollidos e a app OSM tracker como ferramenta de recollida de datos, a parte de notas en papel.

Nas seguintes imaxes  podese ver o traballo realizado polos participantes. Nelas podese apreciar o rexistro dunha gran cantidade de información xeográfica sobre Raxó.

mapping_party_poio Dende a asociación estamos satisfeitos coa experiencia e agradecidos ao Concello de Poio, a Armadiña e a Asociación Cultural de Raxó pola súa colaboración neste evento.[Best_Wordpress_Gallery id=”13″ gal_title=”Mapping party Poio 15″]

Published by: