xeoPesca » Blog Archives

Author Archives: admin

Asamblea Xeral Ordinaria

Novas

Estimad@ soci@s, A Asociación XeoPesca convoca a tódolos seus soci@s para a celebración da próxima Asamblea Xeral Ordinaria.

  • Dia: 7 de Febreiro de 2015
  • Hora: 10:15 – primeira convocatoria . 10:45 – segunda convocatoria.
  • Lugar: No Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), Parque de Belvis. Santiago de Compostela.

A orde do día será:

  1. Aprobación da acta anterior e as contas do 2014
  2. Plan de actividades para o 2015
    1. Liñas de traballo do 2015
    2. Cronograma de actividades
    3. Aprobación do orzamento do 2015
    4. Apertura dunha nova conta bancaria.
  3. Vias de desenvolvemento da aplicación xeoPesca.
  4. Rogos e preguntas
Published by:

Eventos do Centenario do Instituto de Oceanografía en Galicia

Centenario IEO

Centenario IEO

O Instituto Español de Oceonografía (IEO) é unha organización pioneira en España, tamén é unha das primeiras do mundo, que comezou a dedicarse enteiramente á investigación do mar e os seus recursos. O Instituto foi creado polo Dr Odón de Buen o 17 de Abril 1914 como resultado da integración nun mesmo organismo dos Laboratorios de Bioloxía Mariña de Santander, Mallorca e Málaga preexistentes.O Instituto fúndouse seguindo as directrices científicas estandarizadas polo Instituto-Museo Oceanográfico de Mónaco.Cabe salientar que no ano 1980, o  pasar a depender do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación; convírtese en asesor da administración pesqueira. Na Galicia temos dous centros do IEO un en Vigo (1917) e outro en  A Coruña  (1972) alí realízanse múltiples estudos de gran utilidade para o sector mariñeiro. A investigación desenvólvese en tres áreas de actividade: medio mariño e protección ambiental,pesquerías e acuicultura. Na Coruña realizáranse os seguintes actos para a celebración do centenario:

  • Setembro do 14 ao 19. Visitas guiadas ao Buque Oceanográfico Ángeles Alvariño
  • Setembro do 14 ao 19. ICES Annual Science Conference 2014
  • Outubro do 14 ao 28. Exposición dos 100 anos de investigación no mar.

En Vigo serán os seguintes:

  • Setembro do 22 ao 26. Grupo de traballo del ICES Working Group on Methods of Fish Stock Assessments (WGMG).
  • Novembro do 11 ao 13. Grupo de trabaloo del convenio OSPAR sobre as basuras mariñas.
  • Novembro do 17 ao 21. Grupo de trabaloo do ICES “The Working Group on Acoustic and Egg Surveys for Sardine and Anchovy in ICES Areas VII, VIII and IX”
Published by:

Presentación de xeoPesca nas xornadas estivais de Poio

Novas
XVI Xornadas Estivales - Raxo - Poio

XVI Xornadas Estivales – Raxo – Poio

Sociedade Cultural de Raxó convidounos a presentar o proxecto XeoPesca o vindeiro 16 de Setembro de 2014 as 20:00h no Centro Cultural Xaime Illa. Esta presentación é parte da rolda de palestras organizadas baixo o marco das “XVI Xornadas Estivais “.Este ano as xornadas títulanse Ciencia con acento acento galego, cabe destacar a presenza de:

  • Victor López presidente de Eganet, Asociación de Empresas e Profesionais galegos das Novas Técnoloxías e a Rede.
  • Marcus Fernández, webmáster en Código Cero, revista galega sobre tecnoloxía. Tamén é membro da directiva da asociación Punto Gal que ven de por en marcha ,o pasado 25 de xullo, o dominio propio galego.
  • Pepe o de Redondela, subdirector, da revista ‘Lingua e Dereito’, que edita a Universidade de Vigo. Presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia e colaborador da Enciclopedia Galega Universal, da Editorial Ir Indo.
  • Antonio Montero Carro, enxeñeiro técnico industrial, ten experiencia en empresas como os laboratorios Zeltia. Alí desempeñou os cargos de primeiramente Técnico de I+D+i  e posteriormente responsable de operacións. Ademáis foi  xerente do Consello da Cultura Galega.Actualmente é o Director de Xestión do Museo Provincial de Pontevedra.

Para máis información sobre a programación podedes consultar o seguinte link : http://raxocultural.org/xvi-xornadas-estivais-ciencia-acento-galego/

Localización:

  • Enderezo: Rúa Igrexa, 18 36992 Raxo (Poio) Pontevedra
  • Coordenadas: 42.4066903,-8.7405666
  • Ligazón a openstreetmap
  • Ligazón a googleMaps
Published by:

Libera o teu traballo cunha licenza libre en Vigo e Santiago de Compostela

O próximo luns 28 de Abril fumos convidados a varias charlas sobre a liberación de proxectos e traballos.  Os horarios son os seguintes:

  • Vigo: As 12:00 na  Escola Enxeñaría de Telecomunicación. +Info
  • Santiago de Compostela : As 18:00 na  Escola Técnica Superior de Enxeñaría. +Info

Relatores

  • Rafael Rodríguez Gaioso é Coordinador da Oficina de Software Libre, integrada no Consorcio das universidades galegas, CIXUG. É membro fundador de MeLiSA, a asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide.
    • Fará unha introdución dalgunha das licenzas máis usadas para liberar código, e cales son os motivos polos que un programador decide publicar o seu traballo cunha licenza libre. Presentará a edición 2014 do Premio ao mellor TFG con licenza libre.

Continue reading

Published by:

Como liberar o teu traballo cunha licenza libre

O próximo xoves 3 de Abril as 19:00 na Facultade de Informática de A Coruña, XeoPesca participará na palestra organizada polo GPUL.

A Palestra titúlase: “Como liberar o teu traballo cunha licenza libre”. Na cal falarán:

Rafael Rodríguez Gaioso é Coordinador da Oficina de Software Libre, integrada no Consorcio das universidades galegas, CIXUG. É membro fundador de MeLiSA, a asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide.

Continue reading

Published by:

XeoPesca pertence aos axentes floss galegos

Novas

XeoPesca Mancomun includes as one of the regional free software agents. Mancomun is to unify all efforts to free and open source software (FLOSS) being developed in different areas, institutional volunteers, business, education, etc..

mancomun - Axentes FLOSS  en Galiciamancomun – Axentes FLOSS en GaliciaMancomun incluye la XeoPesca como uno de los agentes de software libre regional. Mancomun es unificar todas las iniciativas de software libre y de código abierto (FLOSS) que se están desarrollando en diferentes áreas, de voluntarios institucional, empresarial, educativo, etc.

mancomun - Axentes FLOSS  en Galiciamancomun – Axentes FLOSS en GaliciaMancomún inclue a XeoPesca como un dos axentes FLOSS de ámbito autonomico. Mancomún é aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre e de fontes abertas (FLOSS) que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.

mancomun - Axentes FLOSS  en Galicia

mancomun – Axentes FLOSS en Galicia

Published by:

Xosé Rial membro da dirección do CPETIG

Novas

rialO pasado sábado día 1 rematou finalmente o proceso de elección da xunta de goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). A xunta electoral proclamou elixida a única candidatura presentada aos devanditos comicios.

A xunta directiva está conformada por Marcos Mata, presidente, Juan Luis Miguéns, secretario, Rocío Colmeiro, vicesecretaria, Edgar Rodríguez, tesoureiro, Anxos Cabado, vicetesoureira, e os vogais Miguel abal, Fernando González, Juan Carlos Mira e Xosé Rial.

Xosé Rial tamén e membro da directiva de XeoPesca onde ten o cargo de Secretario da Asociación.
rialO pasado sábado día 1 rematou finalmente o proceso de elección da xunta de goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). A xunta electoral proclamou elixida a única candidatura presentada aos devanditos comicios.

A xunta directiva está conformada por Marcos Mata, presidente, Juan Luis Miguéns, secretario, Rocío Colmeiro, vicesecretaria, Edgar Rodríguez, tesoureiro, Anxos Cabado, vicetesoureira, e os vogais Miguel abal, Fernando González, Juan Carlos Mira e Xosé Rial.

Xosé Rial tamén e membro da directiva de XeoPesca onde ten o cargo de Secretario da Asociación.
rialO pasado sábado día 1 rematou finalmente o proceso de elección da xunta de goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). A xunta electoral proclamou elixida a única candidatura presentada aos devanditos comicios.

A xunta directiva está conformada por Marcos Mata, presidente, Juan Luis Miguéns, secretario, Rocío Colmeiro, vicesecretaria, Edgar Rodríguez, tesoureiro, Anxos Cabado, vicetesoureira, e os vogais Miguel abal, Fernando González, Juan Carlos Mira e Xosé Rial.

Xosé Rial tamén e membro da directiva de XeoPesca onde ten o cargo de Secretario da Asociación.

Published by: