O próximo sábado 14 de Outubro no Centro Sociocultural de Caramoniña xuntaremonos para compartir experiencias co hardware libre e axudarche a que inicies proxectos con esta tecnoloxía. Para elo durante as 10:00 e 13:30 teremos un servizo de préstamo de Arduinos e Raspberrys co obxectivo de que afondes na súa aprendizaxe e poidas coolaborar coa comunidade.
Se só queres afondar os teus coñecementos e trebellar teremos a opción de proporvos diferentes problemas para afianzar a túa sabiduria co hardware libre.
Que é necesario para participar no obradoiro?
-
- Traer o teu portatil co seu cargador .
- Inscribirte no obradoiro no seguinte enderezo.
NOTA: Re-edición da actividade o próximo 21 de Outubro de 2017.
Este obradoiro conta coa colaboración do Recuncho Maker cedenos o espazo do Centro Socio Cultural de Caramoniña para a súa realización.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.