Category Archives: Novas

Novas da asociación

Software Libre: Galicia vs Madrid

No ano 2019 a Asociación Xeopesca solicitou a AMTEGA información sobre o convenio subscrito con Microsoft no ámbito educativo. En paralelo a Asociación fixo unha petición as diferentes comunidades autónomas para coñecer e comparar o contexto tecnolóxico e a implantación das tecnoloxías libres vs privativas.

No día 17 de Febreiro de 2021 temos a resposta da Comunidade Autónoma de Madrid sobre a situación tecnolóxica nesa comunidade. Nunha primeira análise dos dados sorprende que unicamente se ofreza a información ate xuño de 2019 (data da solicitude) aínda que a resposta sexa elaborada dous anos máis tarde. Este feito non nos permite coñecer a evolución tecnolóxica na situación da pandemia, onde foi fundamental o uso de ferramentas “online” para realizar o teletraballo.

Continue reading Published by:

Apoiamos o software libre na Educación Galega

Súmamonos a outras entidades do sector do #SoftwareLibre para expresar a nosa preocupación ante a decisión da Xunta e Amtega de implantar software privativo no ensino e o dispendio económico de 13,5 millóns € en licenzas de código pechado. Manifesto: https://t.co/C75wx361Y4

Published by:

A Xunta fomenta o software privativo no ensino

A Asociación Xeopesca realizou unha solicitude de información, demandando coñecer o contido exacto do convenio subscrito entre AMTEGA, Consellería de Educación e Microsoft. Xeopesca pide que o Goberno galego informe sobre o impacto que este acordo terá no sistema educativo galego e o cumprimento que a plataforma Office 365 de Microsoft fai dos estándares abertos e da necesaria protección de datos, máis aínda ten en conta que será usado por menores de idade.

Continue reading Published by:

Podcast Tecnolareira

TecnoLareira é un podcast realizado pola Asociación Xeopesca para a difusión da tecnoloxía e a cultura libre. Esta iniciativa ten como obxectivo facer accesible a calquera público as novidades sobre as novas tecnoloxías e os seus usos.  O nome do programa indúcenos a esas conversas sosegadas que se producen ao redor da lareira dun ambiente cordial e familiar.

Nesta primeira entrega publicamos dous programas sobre as criptomoedas, bitcoin e o blockchain. Na primeira sesión mantemos unha conversa introdutoria sobre estes termos entre Javier Alonso, Fran Martínez Hidalgo e Pablo Belay. Posteriormente na segunda sesión contamos cunha sesión maxistral de Roberto Brenlla. Continue reading

Published by:

Asamblea Xeral Ordinaria

Estimad@ soci@s, A Asociación XeoPesca convoca a tódolos seus soci@s para a celebración da próxima Asamblea Xeral Ordinaria.

  • Dia: 3 de Febreiro de 2018
  • Hora: 10:00 – primeira convocatoria . 10:15 – segunda convocatoria.
  • Lugar: No Centro de Don Bosco (Santiago de Compostela).

Continue reading

Published by:

Presentación de Palleira.gal

O sábado ás 12:30 tivo lugar na Escola do Campo de Combarro o acto de lanzamento do sitio web PALLEIRA.GAL, un proxecto da asociación XEOPESCA que contou co apoio da Xunta de Galicia no marco do Plan de acción do software libre 2017 da Axencia Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Á presentación asistiron unhas trinta persoas

Interviñeron na presentación Xosé Rial en representación de Xeopesca, Alberto Permuy en representación da asociación O Zulo de Mugardos, Xulio Barreiro, concelleiro de Patrimonio de Poio, e Eladio Otero, xefe de innovación tecnolóxica da Amtega. Continue reading

Published by:

Resolución do Concurso de Fotografía Libre 2017

O pasado 8 de outubro de 2017 reuniuse o xurado do certame  formado por polas fotógrafas Lorena Couto ReyRocío Brage. Lorena realizou os seus estudos de fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela e acadou o segundo premio de fotografía no Xuventude Crea 2014. Rocio e técnica superior en fotografía e posúe un  Máster de fotografía na escola EFTI de Madrid, ademais é docente de numerosos cursos de fotografía na Universidade da Coruña. A representación no xurado por parte  da Asociación Xeopesca foi realizada polo Presidente e Secretario.

Continue reading

Published by:

Resumo fotográfico do Obradoiro de Arduino

Novas

Este sábado realizamos un obradoiro de iniciación a Arduino, onde os asistentes achegaronse a como empregar o arduino realizando operacións de entrada e saida.

Published by:

Obradoiro de iniciación a arduino

O sábado 30 de Setembro  ás 10:30 no  Centro Sociocultural de Caramoniña (Santiago de Compostela), realizaremos un obradoiro de Iniciación a Arduino.  Co seguinte temario:

  • Estructuras e operadores en Arduino.
  • E/S dixital.
  • E/S analóxica.
  • Exercicios prácticos.

Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas e hai que ser maior de idade.

Recordade traer no portatil instalado o IDE de Arduino (descarga).

Continue reading

Published by: