Durante o domingo 25 e a tarde do luns 26 estivemos construindo e configurando a impresora 3D que decidimos bautizar co nome de XEO. Nesta actividade participaron en ambos días un total de 18 personas. O próximo martes 4 de Outubro as 18,00 continuaremos cos últimos detalles de configuración da impresora. A continuación deixamovos unhas cantas imáxenes desta actividade.
Continue reading
Category Archives: Novas
Obradoiro de iniciación a Arduino
NovasO venres 23 de Setembro ás 19:30 no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela),
desenvolveremos un obradoiro de Iniciación a Arduino. Co seguinte temario:
- Estructuras e operadores en Arduino.
- E/S dixital.
- E/S analóxica.
- Exercicios prácticos.
Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas e hai que ser maior de idade.
Recordade traer no portatil instalado o IDE de Arduino (descarga).
Actualización: Prazas esgotadas
Obradoiro de impresora 3D
NovasDende xeoPesca prácenos presentar o HackLab de montaxe dunha impresora 3D, que iniciara o domingo 25 de setembro ás 10:30 no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela).
O obradoiro consisitirá en construir unha impresora DELTA , exactamente a Kossel que ten lincenza GPL e podes consultar mais información no seu repositorio.
Actualización: Prazas esgotadas
Continue reading
Resumo da xornada de OSM en Combarro
NovasO pasado xoves e venres reuniuse media ducia persoas da contorna da Combarro co obxetivo común de aprender a mapear e coñecer Open Street Maps. A sesión estivo dirixida por Xosé Rial coa colaboración da Aula Cemit de Poio.
A xornada dividiuse en dúas partes principais:
- Introducción a OSM e como se recollen os datos.
- Pequena saída polo casco histórico de Combarro para recoller información e logo volcar os datos.
Nas seguintes imaxenes podedes observar o antes e o despois de Combarro.
Deixamovos aqui unha pequena galería de fotos dos participantes:
[Best_Wordpress_Gallery id=”19″ gal_title=”Mapping Combarro 2016″]
Xeoposicionamento con OpenStreeMap en Combarro
NovasOs días 26 e 27 de maio, a asociación Xeopesca, en colaboración coa aula CeMIT de Poio, impartirá un obradoiro sobre “XeoPosicionamento con OpenStreetMap”.
O obxectivo do obradoiro será introducir aos asistentes no funcionamento de OpenStreetMap, amosando como se realiza a localización e rexistro dos elementos a xeoposicionar e como incluílos en OSM. Se o tempo o permite, farase unha saída por Combarro realizando unha pequena ruta para comprobar que os elementos que xa están referenciados son correctos, actualizalos se é necesario ou rexistralos se non estivesen incluídos no mapa.
Charla de XeoPesca en Cambados
NovasO próximo venres 22 de Abril estaremos en Cambados falando do software libre e xeoPesca. As 17:00 na Oficina de Turismo de Cambados.
Actualización:
Andamos por @C_Cambados falando de Software Libre na Pesca @OpenROV_ESP pic.twitter.com/seACCiblvc
— xeopesca (@xeopesca) 22 abril 2016
Onte estivemos por Cambados falando de Software Libre e pesca. pic.twitter.com/l0bPTjP3TF
— xeopesca (@xeopesca) 23 abril 2016
Software libre no Curso Tecnoloxía e Cooperacion para o Desenvolvemento humano
NovasO próximo 23 de Abril estaremos falendo sobre hardware e software libre no Curso Tecnoloxía e Cooperacion para o Desenvolvemento humano.
Actualización:
Onte estivemos falando no curso de @esfgalicia sobre as tecnoloxías libres da man de @caligari , moitas grazas. pic.twitter.com/lXOMLpxvZF
— xeopesca (@xeopesca) 24 abril 2016
HackLab de OpenRov en Caramoniña
NovasO próximo 5 de Marzo as 10:00 comezamos un Obradoiro de Reparación e melloras no ROV LIBRE (OpenRov). O obxectivo será a reparación das hélices, depósito de baterías e mellora na grabación de video.
Vémonos no Centro Social de Caramoniña en Santiago de Compostela as 10:00 Continue reading
Comezamos o ano 2016
O sábado 16 de Xaneiro de 2016 estivemos no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) . Primeiramente estivemos a reparar e mellorar o OpenRov co fin de ter un comportamento máis estable neste ano. Tamén realizamos unha asamblea para planificar as actividades a desenvolver este ano. Esperamos podervos sorprender nos vindeiros meses.
Algúns dos acordos destacables son:
- A liberación de tódolos videos recopilados co OpenRov cunha licenza libre
- Rediseño dalgunhas melloras no OpenRov que publicaremos proximamente.
- Planificación das actividades para o 2016 e reparto de responsabilidades.
A orixe do Universo Dixital. O Ying Yang.
NovasGeorge Dyson o historiador da tecnoloxía ven de publicar o libro “Turing’s Cathedral. The Origins of the Digital Universe”, anteriormente ten publicado “Baidarka”, “Porject Orion” e “Darwing among the Machine”. Este libro facilita información que nos pode axudar a comprender a próxima revolución informática. Existen dúas preguntas que debemos ter en mente ao longo de toda a lectura, en 1950 Turing pedía que considerásemos a pregunta “poden pensar as máquinas?” . Por outra banda temos a pregunta de Von Neumann, “comezarán a reproducirse as máquinas?”. O universo dixital debe os seus comezos a Leibniz que proporciona a lóxica, a Alan Turing e ao conxunto de científicos encabezados por Von Neumann que construíron as máquinas.