O próximo 5 de Marzo as 10:00 comezamos un Obradoiro de Reparación e melloras no ROV LIBRE (OpenRov). O obxectivo será a reparación das hélices, depósito de baterías e mellora na grabación de video.
Vémonos no Centro Social de Caramoniña en Santiago de Compostela as 10:00
Actualización:
Onte estivemos amañando o OpenRov cos amigos do Recuncho Maker Santiago pic.twitter.com/pE9zC3aCAx
— xeopesca (@xeopesca) 06 marzo 2016
Argallando na nova sede do recuncho con @StaticBoardsES @xaimecortizo @VermisLAB @caligari @Efi_Smart @xeopesca pic.twitter.com/Y1fpJVRba4
— SCQRecunchoMaker (@RecunchoMaker) 20 febreiro 2016
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.