A Asociación Educativa LiGNUx anuncia as “III Xornadas de acercamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo”.
As xornadas están organizadas coa colaboración da Asociación Pedagóxica e Cultural Educere, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), a asociación xeoPesca e coa axuda da Universidade de Vigo (Vicerrectoria do Campus de Ourense, Escola Superior de Enxeñería Informática e a Facultade de Ciencias da Educación), ademais da Xunta e a AMTEGA.
Organización das xornadas
DATAS: 18 e 19 de OUTUBRO de 2016; 18:30 – 21 horas
LUGAR: Aula 2.1 Edificio de Politécnico (Universidade de Vigo, Campus de Ourense)
PROGRAMA:
- 18 DE OUTUBRO. Conferencia “FERRAMENTAS DE SOFTWARE E HARDWARE LIBRE PARA A FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS”.
- 19 DE OUTUBRO. Charla introdutoria e Obradoiro de instalación e manexo de sistemas operativos e programas libres.
Os poñentes para as charlas son:
- Pablo Castro Valiño
- Javier Vila Besada
Todos os interesados nas xornadas poden inscribirse gratuitamente usando o formulario de inscriciónposto a disposición pola Asociación Educativa LiGNUX na súa propia páxina web.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.