Libera o teu traballo cunha licenza libre en Vigo e Santiago de Compostela

Novas
Licencias libres

O próximo luns 28 de Abril fumos convidados a varias charlas sobre a liberación de proxectos e traballos.  Os horarios son os seguintes:

  • Vigo: As 12:00 na  Escola Enxeñaría de Telecomunicación. +Info
  • Santiago de Compostela : As 18:00 na  Escola Técnica Superior de Enxeñaría. +Info

Relatores

  • Rafael Rodríguez Gaioso é Coordinador da Oficina de Software Libre, integrada no Consorcio das universidades galegas, CIXUG. É membro fundador de MeLiSA, a asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide.
    • Fará unha introdución dalgunha das licenzas máis usadas para liberar código, e cales son os motivos polos que un programador decide publicar o seu traballo cunha licenza libre. Presentará a edición 2014 do Premio ao mellor TFG con licenza libre.

  • Pablo Belay é desenvolvedor e responsable da comunidade da aplicación GIS XeoPesca.
    • XeoPesca foi premiada con diferentes galardóns nos que destaca: Premio ao mellor PFC con licenza libre 2013 e os Premios de PortalProgramas nas categorías Maís revolucionario e Maior potencial de crecemento.
    • Na súa charla falaranos sobre dita aplicación e contará a súa experiencia na liberación de dita aplicación.

Carteis das Xornadas: cartel_xornada_licenzas_usc-500x707  cartel_xornada_licenzas_uvigo-500x707 Referencias:

  • Fonte da imaxen de cabeceira: Flickr