Mapping Party en Poio

Novas

inscribite-ahora-OK1O sábado 11 de abril no Centro Xaime Illa de Raxó ( Poio)  chega as festas das festas, a Mapping Party Poio’15 co obxectivo é pasalo ben mentres aumentamos os datos xeográficos cunha licenza libre   da contorna marítima do Concello de Poio. Este obradoiro estará organizado pola asociación pola Asociación de software libre Xeopesca e conta coa colaboración da Concellaría de Cultura docartaz_poio Concello de Poio e as asociacións SCD Raxo e ACDeM Armadiña. Horario

  • 10:00-11:00 Presentación de OSM, organización de equipos para a zona a cartografiar.
  • 11:00-14:00 Traballo de Campo con explicacións de como empregar osmAndroid.
  • 14:00 -16:00 Xantar.
  • 16:00-20:00 Traballar coas computadoras para o verquido de datos OSM
  • 20:00-20:30 Clausura do curso.

Formulario de Inscrición

Para inscribirse a Mapping Party Poio’15 cubre o formulario. (ver aquí)

Asistentes

O número de asistentes será de 25. A selección dos candidatos realizarase por orde de inscrición. Recoméndase a disposición de  calquera dos seguintes dispositivos: GPS, teléfono con GPS e cámara dixital. Ver mapa más grande

Material funxible

Farase entrega a cada un dos asistentes dun blogue de notas, un bolígrafo e un lápis.

Redes Sociais

Establecemos o hashtag #mappingpartypoio para seguir o evento a través das redes sociais. Ademais tamén Podes seguir a Mapping Party Poio’15 a traves de twitter mediante o hashtag #mappingpartypoio ou no páxina de facebook de XeoPesca.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.