O venres 16 de Outubro na Facultade de Informática da Coruña chega as festas das festas, a Mapping Party FIC’15 co obxectivo de descobrer OpenStreetMap e pasalo ben mentres aumentamos os datos xeográficos cunha licenza libre. Este obradoiro estará organizado pola asociación polas Asociacións de software libre Xeopesca e GPUL e conta coa colaboración da AMTEGA e a Facultade de Informática da Coruña.
Nesta actividade existe un máximo de participantes polo que será imprescidible inscribirse no seguinte formulario.
A actividade comenzará as 16:30 e rematará as 20:30, tendo o seguinte programa:
- Qué o OSM?
- Cómo se contribúe a OSM?
- Mapeadores de campo: OSMTracker
- Mapeadores de salón: iD, JOSM
- División en equipos para mapear.
- Mapeadores de campo [se o tempo o permite]
- Mapeadores de salón
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.