Dende xeoPesca prácenos presentar o HackLab de montaxe dunha impresora 3D, que iniciara o domingo 25 de setembro ás 10:30 no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela).
O obradoiro consisitirá en construir unha impresora DELTA , exactamente a Kossel que ten lincenza GPL e podes consultar mais información no seu repositorio.
Actualización: Prazas esgotadas
Neste obradoiro veremos:
- Introducción ao hardware libre
- Esquema dos elementos que compón unha impresora 3D
- Firmware da impresora
- Electrónica da impresora e os seus axustes
- Como montar a súa estructura
- Que é o extrusor? Como se axusta?
- Os fins de carro.
- Últimos axustes da impresora 3D.
Algunhas preguntas que che respondemos.
Onde é?
No Matadoiro Compostela, un espazo de intervención e autoxestión cidadá. Ubícase na antiga Casa da Xuventude. un edificio de 1600 m2 convertido en territorio aberto para desenvolver proxectos creativos ou sociais e que pretende ser xerador de comunidades produtivas que traballen dun xeito colaborativo e multidisciplinar.
Quen pode participar?
Calquera persona maior de idade.
Que custe ten a actividade?
Esta actividade é de balde e financiase co Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.
Dende xeoPesca agradecemos a colaboración do Recuncho-Maker e do Matadoiro na execución desta actividade.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.