O venres 23 de Setembro ás 19:30 no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela),
desenvolveremos un obradoiro de Iniciación a Arduino. Co seguinte temario:
- Estructuras e operadores en Arduino.
- E/S dixital.
- E/S analóxica.
- Exercicios prácticos.
Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas e hai que ser maior de idade.
Recordade traer no portatil instalado o IDE de Arduino (descarga).
Actualización: Prazas esgotadas
Dende xeoPesca agradecemos a colaboración do Recuncho-Maker e do Matadoiro na execución desta actividade.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.