Presentación de XeoPesca en Moaña. No estaleiro da Asociación Cultura e Recreativa Sueste , na Avenida de Concepción Arenal Nº 25B. Intentaremos respostar as preguntas:
- Que somos?
- Que facemos?
- Que queremos?
Presentación de XeoPesca en Moaña. No estaleiro da Asociación Cultura e Recreativa Sueste , na Avenida de Concepción Arenal Nº 25B. Intentaremos respostar as preguntas:
O libroAndroid Application Testing Guide de Diego Torres Milano é unha excelente guía para achegarse ao mundo do “testing”, neste caso baixo a tecnoloxía Android. Os seus primerios capítulos fálanos de como os “bugs”’ poden afectar seriamente aos nosos proxectos e de porqué, que, como e cando testear. Indicanos que tipo de tests existen e preséntanos un “framework” de testeo de Android. O libro o debemos seguir ao mesmo tempo que facemos lectura do código fonte. Nun principio aproxímanos aos test unitarios e aJunit a través dun pequeno proxecto, e fai mostra da execución dos test desde oIDE Eclipse, desde o emulador e desde a liña de comandos. Continue reading
Hoxe as 13:30 realizaronlle a Miguel Luaces unha entrevista sobre a Mapping Party de Poio. Deixamoste este reprodutor para que poidas escoitala. Fonte: Onda Cero
O pasado sábado xeoPesca organizou a súa primeira Mapping Party no concello de Poio con moi boa aceptación. Reuniuse un grupo de vintedúas persoas de diferentes localidades galegas,de diversos rangos de idade e inquedanzas variadas co obxetivo común de aprender a mapear.
A xornada dividiuse en dúas partes principais: a saída de campo para a recollida de información e o volcado de datos. Diferentes membros da asociación xeoPesca estiveron a cargo da parte teorica-técnica necesaria para levar a cabo a Mapping,cunha pequena exposición de contidos. Logo, a dinámica foi colaborativa e cun estilo de obradoiro, adaptandoo a información as preguntas dos asistentes.
A idea principal sempre foi ter unha xornada de aprendizaxe lúdico sobre a creación de mapas de información aberta. As ferramentas principais usadas foron Open Street Maps como soporte para os datos recollidos e a app OSM tracker como ferramenta de recollida de datos, a parte de notas en papel.
Nas seguintes imaxes podese ver o traballo realizado polos participantes. Nelas podese apreciar o rexistro dunha gran cantidade de información xeográfica sobre Raxó.
Dende a asociación estamos satisfeitos coa experiencia e agradecidos ao Concello de Poio, a Armadiña e a Asociación Cultural de Raxó pola súa colaboración neste evento.[Best_Wordpress_Gallery id=”13″ gal_title=”Mapping party Poio 15″]
O sábado 11 de abril no Centro Xaime Illa de Raxó ( Poio) chega as festas das festas, a Mapping Party Poio’15 co obxectivo é pasalo ben mentres aumentamos os datos xeográficos cunha licenza libre da contorna marítima do Concello de Poio. Este obradoiro estará organizado pola asociación pola Asociación de software libre Xeopesca e conta coa colaboración da Concellaría de Cultura do
Concello de Poio e as asociacións SCD Raxo e ACDeM Armadiña. Horario
Para inscribirse a Mapping Party Poio’15 cubre o formulario. (ver aquí)
O número de asistentes será de 25. A selección dos candidatos realizarase por orde de inscrición. Recoméndase a disposición de calquera dos seguintes dispositivos: GPS, teléfono con GPS e cámara dixital. Ver mapa más grande
Farase entrega a cada un dos asistentes dun blogue de notas, un bolígrafo e un lápis.
Establecemos o hashtag #mappingpartypoio para seguir o evento a través das redes sociais. Ademais tamén Podes seguir a Mapping Party Poio’15 a traves de twitter mediante o hashtag #mappingpartypoio ou no páxina de facebook de XeoPesca.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
Estimad@ soci@s, A Asociación XeoPesca convoca a tódolos seus soci@s para a celebración da próxima Asamblea Xeral Ordinaria.
A orde do día será:
O Summerlab aRtropocode é un encontro aberto de persoas creadoras, investigadoras e activistas .No Summerlab durante cinco días nun clima de cooperación e troco aberto intercambianse e desenvolvense proxectos multidisciplinares. O 18 de Setembro participamos cunha pequena charla no Museo Normal da Universidade da Coruña.
O Instituto Español de Oceonografía (IEO) é unha organización pioneira en España, tamén é unha das primeiras do mundo, que comezou a dedicarse enteiramente á investigación do mar e os seus recursos. O Instituto foi creado polo Dr Odón de Buen o 17 de Abril 1914 como resultado da integración nun mesmo organismo dos Laboratorios de Bioloxía Mariña de Santander, Mallorca e Málaga preexistentes.O Instituto fúndouse seguindo as directrices científicas estandarizadas polo Instituto-Museo Oceanográfico de Mónaco.Cabe salientar que no ano 1980, o pasar a depender do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación; convírtese en asesor da administración pesqueira. Na Galicia temos dous centros do IEO un en Vigo (1917) e outro en A Coruña (1972) alí realízanse múltiples estudos de gran utilidade para o sector mariñeiro. A investigación desenvólvese en tres áreas de actividade: medio mariño e protección ambiental,pesquerías e acuicultura. Na Coruña realizáranse os seguintes actos para a celebración do centenario:
En Vigo serán os seguintes:
A Sociedade Cultural de Raxó convidounos a presentar o proxecto XeoPesca o vindeiro 16 de Setembro de 2014 as 20:00h no Centro Cultural Xaime Illa. Esta presentación é parte da rolda de palestras organizadas baixo o marco das “XVI Xornadas Estivais “.Este ano as xornadas títulanse Ciencia con acento acento galego, cabe destacar a presenza de:
Para máis información sobre a programación podedes consultar o seguinte link : http://raxocultural.org/xvi-xornadas-estivais-ciencia-acento-galego/
Localización:
O próximo luns 28 de Abril fumos convidados a varias charlas sobre a liberación de proxectos e traballos. Os horarios son os seguintes: