A Sociedade Cultural de Raxó convidounos a presentar o proxecto XeoPesca o vindeiro 16 de Setembro de 2014 as 20:00h no Centro Cultural Xaime Illa. Esta presentación é parte da rolda de palestras organizadas baixo o marco das “XVI Xornadas Estivais “.Este ano as xornadas títulanse Ciencia con acento acento galego, cabe destacar a presenza de:
- Victor López presidente de Eganet, Asociación de Empresas e Profesionais galegos das Novas Técnoloxías e a Rede.
- Marcus Fernández, webmáster en Código Cero, revista galega sobre tecnoloxía. Tamén é membro da directiva da asociación Punto Gal que ven de por en marcha ,o pasado 25 de xullo, o dominio propio galego.
- Pepe o de Redondela, subdirector, da revista ‘Lingua e Dereito’, que edita a Universidade de Vigo. Presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia e colaborador da Enciclopedia Galega Universal, da Editorial Ir Indo.
- Antonio Montero Carro, enxeñeiro técnico industrial, ten experiencia en empresas como os laboratorios Zeltia. Alí desempeñou os cargos de primeiramente Técnico de I+D+i e posteriormente responsable de operacións. Ademáis foi xerente do Consello da Cultura Galega.Actualmente é o Director de Xestión do Museo Provincial de Pontevedra.
Para máis información sobre a programación podedes consultar o seguinte link : http://raxocultural.org/xvi-xornadas-estivais-ciencia-acento-galego/
Localización:
-
Enderezo: Rúa Igrexa, 18 36992 Raxo (Poio) Pontevedra
- Coordenadas: 42.4066903,-8.7405666
- Ligazón a openstreetmap
- Ligazón a googleMaps