Tags:

Primeira xornada de Palleira.gal

Comment

Novas

O pasado 10 de Xuño deuse o pistoletazo inicial ao proxecto palleira.gal, nesta primeira sesión contamos coa colaboración doutros proxectos  libres semellantes como son A Cultura da Auga e Abeancos e a Asociación local A Solaina.

Alberto Permuy representando a Asociación de Software Libre o Zulo (Mugardos) contounos sobre as orixes do  proxecto A Cultura da Auga, as motivacións de realizalo con software libre e o detalle da solución implementada.

Polo proxecto Abeancos contouse con dous representantes que foron Jorge Lama e Rafael Gaioso ambos membros da Asociación Melisa (Melide) que nos detallaron a súa problemática concreta a resolver da difusión na rede do patriminio da súa localidade. Afondaron nos motivos polos que empregaron  solucións libres e liberar información con licenzas libres. Tamén destacaron a creación dunha comunidade ao redor do proxecto tendo un peso importante os membros do museo de Melide.

Na quenda de Andrés Dacosta (A Solaina) detallounos a situación actual de Combarro, documentación existente e a importancia do conxunto histórico de Combarro na etnografía galega. Acompañou estas indicacións cunha breve visita guiada pola vila de Combarro. Deixamovos un breve intre en video dunha intervención de Andrés da Costa.


Finalmente os asistentes acordaron realizar novas xuntanzas para planificar e organizar o traballo necesario para ter unha primeira versión de palleira.gal na rede cun conxunto de datos liberados con licenzas libres. Neste punto contouse coa participación de Xulio Barreiro, concelleiro de patrimonio de Poio ofrecendo a súa colaboración para a cesión de toda a información precise o proxecto.

Compartimos con vos unha breve galería fotográfica do que foi a xornada.

 

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *