O pasado xoves e venres reuniuse media ducia persoas da contorna da Combarro co obxetivo común de aprender a mapear e coñecer Open Street Maps. A sesión estivo dirixida por Xosé Rial coa colaboración da Aula Cemit de Poio.
A xornada dividiuse en dúas partes principais:
- Introducción a OSM e como se recollen os datos.
- Pequena saída polo casco histórico de Combarro para recoller información e logo volcar os datos.
Nas seguintes imaxenes podedes observar o antes e o despois de Combarro.
Deixamovos aqui unha pequena galería de fotos dos participantes:
[Best_Wordpress_Gallery id=”19″ gal_title=”Mapping Combarro 2016″]
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.