O pasado 2 de setembro realizamos un obradoiro de iniciación a GIMP, un programa de edición de imáxenes dixitais liberado cunha licencia libre. Nesta ocasión o relator foi David Belay que nos amosou as principais ferramentas deste aplicativo e como poderlle sacar o maior proveito para as nosas fotografías luzan moito mellor.
Neste obradoiro fíxose uso dunha guía rápida creada polo docente da xornada e que liberou para o uso da comunidade baixo os termos da “GNU Free Documentation License“. Podedes descargar esta guía no seguinte ligazón (guia_gimp_david_belay ).
Podedes consultar nesta galería imaxes da xornada celebrada e tamén algúns dos exercicios realizados.
- Descanso do obradoiro
- Intre do obradoiro
- Imaxen editada
- Imaxen sen editada
- Imaxen editada
- Imaxen sen editar
- Cartaz do obradoiro nos cines Callao
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.
Este obradoiro conta coa colaboración do Recuncho Maker cedenos o espazo do Centro Socio Cultural de Caramoniña para a súa realización.