[Best_Wordpress_Gallery id=”16″ gal_title=”Mapping FIC 15″]
O pasado venres reuniuse unha ducia persoas da contorna da Coruña co obxetivo común de aprender a mapear e coñecer Open Street Maps. A sesión estivo dirixida por Miguel Rodríguez Luaces coa colaboración das asociacións Gpul e xeoPesca.
A xornada dividiuse en dúas partes principais:
- Introducción a OSM e como se recollen os datos.
- Pequena saída polo campus de Evliña para recoller información e logo volcar os datos.
Dende a asociación estamos satisfeitos e agradecidos coa experiencia do traballo realizado conxuntamente coa Facultade de Informática e ao GPUL.
Moitas graciñas aos que nos acompañastes durantes a xornada.
Hoxe puiden poñer en practica o aprendido onte na mapping party da Fic, moi agradecido a @xeopesca, @miguelluaces e o @gpul_ 👌👌👌
— qojop (@supergamera0) octubre 17, 2015
Grazas a @miguelluaces, Pablo Belay @xeopesca e a @gpul_ polo que aprendí onte de @openstreetmapes Seguide así, por favor! 😉 — brenlla (@brenlla) October 17, 2015