xeoPesca ten como obxectivo principal a creación dun rexistro da actividade pesqueira da flota de barcos dun armador. Esta solución informática ofrece a creación dun rexistro da actividade pesqueira que lle achegará vantaxes competitivas, como son:
- Facilitar o intercambio de información entre patrón e armador
- Análise dos recursos mariños para optimizar as capturas en función da experiencia previa rexistrada no sistema. Este cálculo de zonas con maior frecuencia pode ser axustado a diferentes variables como a temperatura, a dirección do vento, a fase luar… entre outras.
- Ofrecer un valor diferencial á hora de comercializar as capturas, xa que permite unha maior trazabilidade alimentaria.
A aplicación xeoPesca permitirá tres diferentes roles na aplicación: os administradores do sistema, os armadores e os patróns.
Os administradores realizan funcionalidades como a de dar de alta usuarios, xestionar as artes e especies permitidas no sistema.
Os armadores poden xestionar os barcos e rexistrar patróns no sistema. Estas tarefas son necesarias para levar un control da pesca e consultar os mapas das faenas.
O patrón é a peza principal do sistema é o responsable de engadir a información pesqueira no sistema. Esta información está composta pola faena, os lances e as capturas de cada lance. Tamén pode realizar procuras complexas para obter os puntos con maior probabilidade para pescar.
A solución desenvolta é unha aplicación web que se realizou baixo a metodoloxía iterativa incremental. Entre as ferramentas empregadas destacan Java, PostGreSQL, PostGis, Hibernate Spatial,OpenLayers, Maven, GeoServer.