xeoPesca » Blog Archives

Tag Archives: ieo

Eventos do Centenario do Instituto de Oceanografía en Galicia

Centenario IEO

Centenario IEO

O Instituto Español de Oceonografía (IEO) é unha organización pioneira en España, tamén é unha das primeiras do mundo, que comezou a dedicarse enteiramente á investigación do mar e os seus recursos. O Instituto foi creado polo Dr Odón de Buen o 17 de Abril 1914 como resultado da integración nun mesmo organismo dos Laboratorios de Bioloxía Mariña de Santander, Mallorca e Málaga preexistentes.O Instituto fúndouse seguindo as directrices científicas estandarizadas polo Instituto-Museo Oceanográfico de Mónaco.Cabe salientar que no ano 1980, o  pasar a depender do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación; convírtese en asesor da administración pesqueira. Na Galicia temos dous centros do IEO un en Vigo (1917) e outro en  A Coruña  (1972) alí realízanse múltiples estudos de gran utilidade para o sector mariñeiro. A investigación desenvólvese en tres áreas de actividade: medio mariño e protección ambiental,pesquerías e acuicultura. Na Coruña realizáranse os seguintes actos para a celebración do centenario:

  • Setembro do 14 ao 19. Visitas guiadas ao Buque Oceanográfico Ángeles Alvariño
  • Setembro do 14 ao 19. ICES Annual Science Conference 2014
  • Outubro do 14 ao 28. Exposición dos 100 anos de investigación no mar.

En Vigo serán os seguintes:

  • Setembro do 22 ao 26. Grupo de traballo del ICES Working Group on Methods of Fish Stock Assessments (WGMG).
  • Novembro do 11 ao 13. Grupo de trabaloo del convenio OSPAR sobre as basuras mariñas.
  • Novembro do 17 ao 21. Grupo de trabaloo do ICES “The Working Group on Acoustic and Egg Surveys for Sardine and Anchovy in ICES Areas VII, VIII and IX”
Published by: