xeoPesca » Blog Archives

Tag Archives: palleira.gal

Primeira xornada de Palleira.gal

O pasado 10 de Xuño deuse o pistoletazo inicial ao proxecto palleira.gal, nesta primeira sesión contamos coa colaboración doutros proxectos  libres semellantes como son A Cultura da Auga e Abeancos e a Asociación local A Solaina.

Alberto Permuy representando a Asociación de Software Libre o Zulo (Mugardos) contounos sobre as orixes do  proxecto A Cultura da Auga, as motivacións de realizalo con software libre e o detalle da solución implementada.

Polo proxecto Abeancos contouse con dous representantes que foron Jorge Lama e Rafael Gaioso ambos membros da Asociación Melisa (Melide) que nos detallaron a súa problemática concreta a resolver da difusión na rede do patriminio da súa localidade. Afondaron nos motivos polos que empregaron  solucións libres e liberar información con licenzas libres. Tamén destacaron a creación dunha comunidade ao redor do proxecto tendo un peso importante os membros do museo de Melide. Continue reading

Published by:

Comeza un novo proxecto

O 10 de Xuño comezamos un novo proxecto da man de diversas asociacións locais de Poio e asociacións de software libre. 

A xornada abordarmos proxectos de patrimonio e comunidades de software libre como son : Abeancos (Melide) é A Cultura da Auga (Mugardos) . Tendo en conta as experiencias previas doutros proxectos definiremos a nosa propia folla de ruta para lanzar o proxecto palleira.gal que afondará no patrimonio da vila de Combarro.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Published by: