xeoPesca » Blog Archives

Tag Archives: poio

Novas

Mapping Party en Poio

inscribite-ahora-OK1O sábado 11 de abril no Centro Xaime Illa de Raxó ( Poio)  chega as festas das festas, a Mapping Party Poio’15 co obxectivo é pasalo ben mentres aumentamos os datos xeográficos cunha licenza libre   da contorna marítima do Concello de Poio. Este obradoiro estará organizado pola asociación pola Asociación de software libre Xeopesca e conta coa colaboración da Concellaría de Cultura docartaz_poio Concello de Poio e as asociacións SCD Raxo e ACDeM Armadiña. Horario

  • 10:00-11:00 Presentación de OSM, organización de equipos para a zona a cartografiar.
  • 11:00-14:00 Traballo de Campo con explicacións de como empregar osmAndroid.
  • 14:00 -16:00 Xantar.
  • 16:00-20:00 Traballar coas computadoras para o verquido de datos OSM
  • 20:00-20:30 Clausura do curso.

Formulario de Inscrición

Para inscribirse a Mapping Party Poio’15 cubre o formulario. (ver aquí)

Asistentes

O número de asistentes será de 25. A selección dos candidatos realizarase por orde de inscrición. Recoméndase a disposición de  calquera dos seguintes dispositivos: GPS, teléfono con GPS e cámara dixital. Ver mapa más grande

Material funxible

Farase entrega a cada un dos asistentes dun blogue de notas, un bolígrafo e un lápis.

Redes Sociais

Establecemos o hashtag #mappingpartypoio para seguir o evento a través das redes sociais. Ademais tamén Podes seguir a Mapping Party Poio’15 a traves de twitter mediante o hashtag #mappingpartypoio ou no páxina de facebook de XeoPesca.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
Published by:
Novas

Presentación de xeoPesca nas xornadas estivais de Poio

XVI Xornadas Estivales - Raxo - Poio

XVI Xornadas Estivales – Raxo – Poio

Sociedade Cultural de Raxó convidounos a presentar o proxecto XeoPesca o vindeiro 16 de Setembro de 2014 as 20:00h no Centro Cultural Xaime Illa. Esta presentación é parte da rolda de palestras organizadas baixo o marco das “XVI Xornadas Estivais “.Este ano as xornadas títulanse Ciencia con acento acento galego, cabe destacar a presenza de:

  • Victor López presidente de Eganet, Asociación de Empresas e Profesionais galegos das Novas Técnoloxías e a Rede.
  • Marcus Fernández, webmáster en Código Cero, revista galega sobre tecnoloxía. Tamén é membro da directiva da asociación Punto Gal que ven de por en marcha ,o pasado 25 de xullo, o dominio propio galego.
  • Pepe o de Redondela, subdirector, da revista ‘Lingua e Dereito’, que edita a Universidade de Vigo. Presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia e colaborador da Enciclopedia Galega Universal, da Editorial Ir Indo.
  • Antonio Montero Carro, enxeñeiro técnico industrial, ten experiencia en empresas como os laboratorios Zeltia. Alí desempeñou os cargos de primeiramente Técnico de I+D+i  e posteriormente responsable de operacións. Ademáis foi  xerente do Consello da Cultura Galega.Actualmente é o Director de Xestión do Museo Provincial de Pontevedra.

Para máis información sobre a programación podedes consultar o seguinte link : http://raxocultural.org/xvi-xornadas-estivais-ciencia-acento-galego/

Localización:

  • Enderezo: Rúa Igrexa, 18 36992 Raxo (Poio) Pontevedra
  • Coordenadas: 42.4066903,-8.7405666
  • Ligazón a openstreetmap
  • Ligazón a googleMaps
Published by: