xeoPesca » Blog Archives

Tag Archives: software libre

Software Libre: Galicia vs Madrid

No ano 2019 a Asociación Xeopesca solicitou a AMTEGA información sobre o convenio subscrito con Microsoft no ámbito educativo. En paralelo a Asociación fixo unha petición as diferentes comunidades autónomas para coñecer e comparar o contexto tecnolóxico e a implantación das tecnoloxías libres vs privativas.

No día 17 de Febreiro de 2021 temos a resposta da Comunidade Autónoma de Madrid sobre a situación tecnolóxica nesa comunidade. Nunha primeira análise dos dados sorprende que unicamente se ofreza a información ate xuño de 2019 (data da solicitude) aínda que a resposta sexa elaborada dous anos máis tarde. Este feito non nos permite coñecer a evolución tecnolóxica na situación da pandemia, onde foi fundamental o uso de ferramentas “online” para realizar o teletraballo.

Continue reading Published by:

Libera o teu traballo cunha licenza libre en Vigo e Santiago de Compostela

O próximo luns 28 de Abril fumos convidados a varias charlas sobre a liberación de proxectos e traballos.  Os horarios son os seguintes:

  • Vigo: As 12:00 na  Escola Enxeñaría de Telecomunicación. +Info
  • Santiago de Compostela : As 18:00 na  Escola Técnica Superior de Enxeñaría. +Info

Relatores

  • Rafael Rodríguez Gaioso é Coordinador da Oficina de Software Libre, integrada no Consorcio das universidades galegas, CIXUG. É membro fundador de MeLiSA, a asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide.
    • Fará unha introdución dalgunha das licenzas máis usadas para liberar código, e cales son os motivos polos que un programador decide publicar o seu traballo cunha licenza libre. Presentará a edición 2014 do Premio ao mellor TFG con licenza libre.

Continue reading

Published by:

Como liberar o teu traballo cunha licenza libre

O próximo xoves 3 de Abril as 19:00 na Facultade de Informática de A Coruña, XeoPesca participará na palestra organizada polo GPUL.

A Palestra titúlase: “Como liberar o teu traballo cunha licenza libre”. Na cal falarán:

Rafael Rodríguez Gaioso é Coordinador da Oficina de Software Libre, integrada no Consorcio das universidades galegas, CIXUG. É membro fundador de MeLiSA, a asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide.

Continue reading

Published by: