Xeoposicionamento con OpenStreeMap en Combarro

Novas

Os días 26 e 27 de maio, a asociación Xeopesca, en colaboración coa aula CeMIT de Poio, impartirá un obradoiro sobre “XeoPosicionamento con OpenStreetMap”.

O obxectivo do obradoiro será introducir aos asistentes no funcionamento de OpenStreetMap, amosando como se realiza a localización e rexistro dos elementos a xeoposicionar e como incluílos en OSM. Se o tempo o permite, farase unha saída por Combarro realizando unha pequena ruta para comprobar que os elementos que xa están referenciados son correctos, actualizalos se é necesario ou rexistralos se non estivesen incluídos no mapa.

A actividade é totalmente gratuíta e desenvolverase en horario de tarde, de 17:00 a 18:30 horas na aula CeMIT de Poio, sendo preciso inscribirse previamente na seguinte ligazón https://cemit.xunta.gal/es/actividade/17276

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.